top of page

Afonso X, o Sabio:

cronista e protagonista do seu tempo 

Santiago de Compostela

26, 27 e 28 de xuño de 2017

Antonio Fernández Guiadanes

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseiro no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades no proxecto ArGaMed. Participou na publicación de Lírica profana Galego-Portuguesa (1996), obra de referencia que recolle o corpus completo desta tradición poética. Xunto co equipo de investigación do centro sacou o libro Cantigas do Mar de Vigo, edición crítica dos xograres Martín Codax, Mendiño e Johan de Cangas, así como a primeira e segunda versión de MedDB. Desde 2003 é investigador contratado na Universidade de
Santiago de Compostela, onde participa en proxectos de investigación centrados na edición de textos medievais, no marco dos cales publicou varios artigos.

 

 

Bibliografía selecta:

- A. Fernández Guiadanes et alii, Cantigas do Mar de Vigo. Edición crítica das cantigas de Meendinho, Johan de Cangas e Martin Codax, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, 1998.

- A. Fernández Guiadanes - G. Pérez Barcala, Notas sobre o texto e a copia dalgunhas cantigas galego-portuguesas: 'una errata divisione dei versi', en 'Pola melhor dona de quantas fez nostro Senhor'. Homenaxe á Profesora Giulia Lanciani, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2009, pp. 189-224.

- A. Fernández Guiadanes, "De articulación textual nos testemuños da lírica profana galego-portuguesa", en Revista de Cancioneros Impresos y Manuscritos, 1, 2012, pp. 105-160.  

bottom of page