
Afonso X, o Sabio:
cronista e protagonista do seu tempo
Santiago de Compostela
26, 27 e 28 de xuño de 2017
Ramón Mariño Paz
Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega e codirector da revista Verba (Anuario Galego de Filoloxía). As súas pescudas oriéntanse principalmente cara á historia social da lingua galega, a historia do galego escrito, a recuperación de textos dos Séculos Escuros e de principios do XIX e a fonética, a fonoloxía e a morfoloxía históricas da lingua galega. Os resultados deste traballo presentounos en distintas revistas científicas, en volumes colectivos, en congresos nacionais e internacionais e en varios libros.
Bibliografía selecta:
- R. Mariño Paz, Historia da lingua galega, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1998.
- R. Mariño Paz, "A vogal /i/ en posición átona final de palabra no galego medieval", en Revista de filología románica, 26, 2009, pp. 71-98.
- R. Mariño Paz - F. X. Varela Barreiro, A lingua galega no solpor medieval, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2016.