top of page

Afonso X, o Sabio:

cronista e protagonista do seu tempo 

Santiago de Compostela

26, 27 e 28 de xuño de 2017

Carlos Alvar

​Catedrático de Filoloxía Románica, ocupou postos de docente nas universidades de Barcelona, Murcia, Alcalá e Basilea e en moitas máis exerceu como profesor visitante. Acaba de xubilarse como docente na Universidade de Xenebra, onde impartiu docencia nos últimos dez anos, pero mantén a vinculación docente e investigadora coa Universidade de Alcalá. Ten traballos fundamentais sobre literatura románica castelá, francesa, galego-portuguesa, italiana e provenzal imposibles de relacionar, dado o elevado número das súas publicacións. Dirixe a Revista de Literatura Medieval e a Revista de Poética Medieval. É presidente de honra da Sociedad Española de Literatura General y Comparada, da Asociación Internacional de Hispanistas, da Asociación Hispánica de Literatura Medieval, da Société des Études Arturiens, director do Centro de Estudios Cervantinos de Alcalá, entre outros méritos importantísimos. No 2006 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Córdoba.

 

​

Bibliografía selecta:

- C. Alvar, Traducciones y traductores. Materiales para una historia de la traducción en Castilla durante la Edad Media, Alcalá de Henares, Centro de Estudios Cervantinos, 2010.

- C. Alvar-A. Gómez Moreno, La poesía lírica medieval, Madrid, Taurus Ediciones, 1987.

- C. Alvar, Alfonso X: autoría, traductores y formas de trabajo, en Alfonso X El Sabio. Catálogo de la exposición de la sala de San Esteban de Murcia (27 octubre 2009 al 31 de enero de 2010), Murcia, Ayuntamento de Murcia, 2009, pp. 412-421.

 

bottom of page