top of page

Afonso X, o Sabio:

cronista e protagonista do seu tempo 

Santiago de Compostela

26, 27 e 28 de xuño de 2017

Carlos de Ayala

É profesor titular de Historia Medieval na Universidade Autónoma de Madrid, onde desenvolveu a meirande parte da súa carreira docente. Foi asesor científico e redactor do Atlas Cronológico de la Historia de España, publicado pola Real Academia da Historia e académico correspondente de dita institución dende o 2008. Tamén foi secretario da Sociedad Española de Estudios Medievales e do consello de redacción da revista Medievalismo, así como vicepresidente da Sociedad Española de Estudios Medievales. Centrou a súa investigación nas ordes militares medievais, tema sobre o que ten abundante bibliografía, e actualmente é membro do grupo de investigación Recursos y relaciones de poder en la Castilla Medieval da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Autónoma de Madrid.

 

Bibliografía selecta:

- C. de Ayala, Directrices fundamentales de la política peninsular de Alfonso X: relaciones castellano-aragonesas de 1252 a 1263, Madrid, Aldecoa, 1986.

- C. de Ayala, "Relaciones de Alfonso X con Aragón e Navarra", en Alcanate, 4, 2004-2005, pp. 101-146.

- C. de Ayala, "La política eclesiástica de Alfonso X. El rey y sus obispos", en Alcanate, 9, 2014-2015, pp. 41-106.

bottom of page