top of page

Conferenciantes

Afonso X, o Sabio:

cronista e protagonista do seu tempo 

Santiago de Compostela

26, 27 e 28 de xuño de 2017

​Carlos Alvar

Catedrático de Filoloxía Románica xa nas universidades de Barcelona, Murcia, Alcalá e Basilea. Acaba de xubilarse na Universidade de Xenebra, pero mantén a vinculación docente e investigadora coa Universidade de Alcalá.

​Carlos de Ayala

É profesor titular de Historia Medieval na Universidade Autónoma de Madrid, onde desenvolveu a meirande parte da súa carreira docente. Foi asesor científico e redactor do Atlas Cronológico de la Historia de España.

​Francisco Bautista

É profesor titular do Departamento de Literatura Española e Hispanoamericana da Universidade de Salamanca.  Membro investigador do grupo de investigación recoñecido Seminario de Estudios Medievales y Renacentistas (SEMYR) da USAL.

​Laura Fernández

Licenciada en Historia da Arte e doutora pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente é Profesora Contratada Doutora na devandita universidade. Estuda a relación texto-imaxe.

​Ramón Mariño Paz

Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega. As súas pescudas oriéntanse principalmente cara á historia social da lingua galega.

​Elvira Fidalgo

Profesora Titular de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. É especialista no estudo da poesía galego-portuguesa, sobre todo das Cantigas de Santa Maria.

Manuel Negri​

Licenciado en Letras, cursou o master en Filologia Moderna na Università degli Studi di Padova. Actualmente, é doutorando na Universidade de Santiago de Compostela, onde traballa sobre Cantigas de Santa Maria.

​Elena Rivas

Profesora titular no Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Os seus intereses céntranse no estudo da sintaxe histórica do castelán.

Luns, día 26

Martes, día 27

Esther Corral Díaz​

Profesora Titular de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. É especialista da poesía profana galego-portuguesa da Idade Media, sobre todo da Cantiga de Amor e da Cantiga de Escarnio.

Santiago Disalvo​

Traballa na Universidade Nacional de La Plata, como profesor da Cátedra de Literatura Española Medieval y Renacentista y de cursos de literatura europea medieval latina y vernácula. É investigador adxunto do CONICET.

María J. Canedo​

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC, cursou os estudos de Máster de Estudos Medievais: Imaxes, Textos e Contextos. Agora doutoranda, adícase á cronística baixomedieval e ás Cantigas de Santa María.

Milagros Muíña​

Licenciada en Filoloxía Hispánica na USC, realizou posteriormente o Máster de Estudos Medievais: Imaxes, Textos e Contextos. Actualmente está redactando a súa tese de doutoramento sobre Cantigas de Santa Maria.

Mércores, día 28

Rocío Sánchez Ameijeiras​

Profesora Titular de Historia da Arte (acreditada á cátedra)  da USC, é autora de numerosos traballos en publicacións internacionais. Os seus múltiples intereses son a miniatura carolinxia, románica e a escultura e a pintura góticas.

María Victoria Chico Picaza

Profesora titular do Departamento de Historia da Arte I (medieval) na Universidade Complutense de Madrid. Ocúpase principalmente de pintura e miniatura medievais, Bizancio e o Islam e da arte na Baixa Idade Media.

Gimena del Río Riande

Investigadora do Instituto de Investigaciones Bibliográficas y Crítica Textual (IIBICRIT-SECRIT) do CONICET. Liñas de investigación: estudo da lírica e musica medieval, edición dixital de textos en verso e Humanidades Dixitais.

Antonio Fernández Guiadanes

É investigador contratado na Universidade de
Santiago de Compostela, onde participa en proxectos de investigación centrados na edición de textos medievais, no marco dos cales publicou varios artigos.

Miguel A. Pousada Cruz

Foi investigador contratado con cargo a diferentes proxectos de investigación, ocupándose de poesía profana galego-portuguesa e Cantigas de Santa Maria. O seu interese céntrase na edición dixital e nas Humanidades Dixitais.

Joseph T. Snow

Ensinou nas universidades de Minnesota, Georgia e Michigan State, centrando a súa carreira no ámbito da literatura medieval hispánica, especialmente no referente a La Celestina e Alfonso X e as súas Cantigas de Santa Maria. Foi elixido Profesor Distinguido da Michigan State University.

bottom of page