Afonso X, o Sabio:
cronista e protagonista do seu tempo
Santiago de Compostela
26, 27 e 28 de xuño de 2017
Milagros Muíña García
Licenciada en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, realizou posteriormente o Máster de Estudos Medievais: Imaxes, Textos e Contextos na mesma universidade. Bolseira durante tres anos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades no Proxecto Cantigas de Santa María, no que colaborou, entre outras actividades encomendadas, na publicación: Cantigas de Santa María. Proposta de explotación didáctica. Actualmente está redactando a súa tese de doutoramento As Cantigas de Santa María: as xentes e as cousas. Ten diferentes publicacións en actas de congresos internacionais, tanto dentro coma fóra de España.
Bibliografía selecta:
- M. Muíña García, A muller custodiada: a Cantiga 64 de Alfonso X, en Formas narrativas breves en la Edad Media: actas del IV Congreso (8-10 de julio de 2004), Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2005, pp. 333-346.
- M. Muíña García, O contido teolóxico das cantigas de loor: algunhas hipóteses para a súa autoría, en Actes del X Congrés Internacional de l'Associació Hispànica de Literatura Medieval (Alicante, 16-20 de septiembre de 2003), Alacant, 2005, III, pp. 1199-1215.
- E. Fidalgo Francisco - M. Muíña García, Cantigas de Santa Maria. Proposta de explotación didáctica, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, 2005.